O polifacético creador Bob Pop coñece o modelo de cidade
Por Anxo Lourido
Bob Pop, escritor, guionista, creativo e colaborador de Andreu Buenafuente en 'Late Motiv', participa durante esta semana no ciclo de cinema Ambienta, que se desenvolve na praza da Pedreira de Pontevedra.
Durante a xornada deste xoves, o guionista da serie 'Maricón perdido' visitaba a alcaldía onde era recibido por Miguel Anxo Fernández Lores.
Acompañado tamén polas concelleiras Carme da Silva e Carme Fouces, o escritor e o alcalde falaron sobre Pontevedra e sobre a súa intervención na programación do ciclo no que se tratan temas sobre o colectivo LGBTIQA+. Durante a noite deste mércores, Roberto Enríquez Figueiras, coñecido popularmente como Bob Pop, mantivo unha charla coa escritora Eva Mejuto sobre o proceso de creación da serie guionizada polo autor baseada no seu libro 'Mansos'.
Despois, acompañados por outros integrantes do grupo de goberno, Fernández Lores e Bob Pop percorreron varias rúas do centro da cidade comprobando a accesibilidade das rúas. O escritor desprázase en cadeira de rodas debido á esclerose múltiple que padece desde hai anos.
O autor de 'Días simétricos' mostrou o seu interese pola peonalización e destacou a prioridade que supón o espazo público sinalando que é un "antídoto" contra as fake news da sociedade.
A película animada 'Flee' preséntase como a proposta para a noite deste xoves, a partir das 22.30 horas, dentro da programación de Ambienta.
Relacionadas:
-
A prensa internacional anglosaxona interésase polo modelo Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Bob Pop: "Facer a primeira tempada de 'Maricón perdido' foi un erro do sistema onde me coei e estou supercontento"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Ambienta ábrese a novos formatos e introducirá videoclips e series de televisión con Bob Pop como padriño
Por Alejandro Espiño |
-
Unha semana de Orgullo en Pontevedra para "tecer diversidades" contra a violencia
Por Alejandro Espiño |