Xoves de verbena en Tenorio na honra de San Pedro
Por Redacción
Membros da comisión de Festas e Jorge Cubela, alcalde de Cerdedo-Cotobade, presentaban o programa festivo en homenaxe a San Pedro, patrón da parroquia de Tenorio, que se celebrará este xoves 29 de xuño no campo da festa.
O programa iníciase á primeira hora da mañá cunha tirada de bombas de palenque. O grupo de Gaitas Foula realizará un pasacalles.
Ás 13.00 horas está prevista a misa cantada coa intervención do coro parroquial de Tenorio. A continuación desenvolverase a procesión e o concerto do grupo de Gaitas Foula.
Durante a noite celebrarase unha gran verbena a cargo da orquestra Furia Joven e tamén o Festival Verbena FM coas actuacións de Laura Añón, Suso Seoca, Rubén Pérez e Marcos Magán.
Jorge Cubela felicitou ás persoas integrantes da comisión polo seu esforzo para dinamizar a parroquia e manter viva a tradición.