Un parafuso dun camión salta e rompe o cristal frontal dun turismo en Cambados deixando ferida a condutora
Por Redacción
Unha moza resultaba ferida cando circulaba ao redor das 17.00 horas deste mércores 28 pola VG-4.2 á altura da gasolineira Sheel, en la parroquia de Vilariño, no municipio de Cambados.
Un parafuso de grandes dimensións procedente dun camión que circulaba diante impactaba contra o cristal dianteiro do turismo no que viaxaba a moza causando un buraco.
A condutora, de 31 anos de idade e veciña de Ribadumia, foi atendida por unha ambulancia do 061 e trasladada ata o Hospital do Salnés ao sufrir feridas no pescozo debido ao impacto do parafuso.
Segundo a información facilitada polo servizo de emerxencias, o camión non se detivo.
A Garda Civil de Tráfico achegouse ata a zona e investiga o suceso. Tamén participaron no operativo o servizo de Emerxencias de Cambados e unha ambulancia do 061.
Relacionadas:
-
Un camión camuflado da Garda Civil vixía condutas perigosas nas estradas da provincia
Por Anxo Lourido |
-
Excarceran a condutora dun turismo que impactou contra unha furgoneta en Vilagarcía
Por Redacción |
-
Chaman o guindastre por un accidente na AP-9 e o condutor que vai recoller o coche chega drogado
Por Redacción |
-
Cans no medio da calzada provocan o impacto entre dous coches en Cambados
Por Anxo Lourido |