Un camión camuflado da Garda Civil vixía condutas perigosas nas estradas da provincia
Por Anxo Lourido
O Subsector de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra utiliza, durante este verán, un camión camuflado de cores comerciais nas estradas da provincia para detectar condutas que sexan un risco para a seguridade doutras persoas nas vías.
Apoiado por outros vehículos oficiais rotulados, desde este camión vixíase o uso do teléfono móbil polos condutores e outras distraccións tanto en turismos como en vehículos pesados e autobuses.
Segundo a Garda Civil, o obxectivo é previr e reducir a sinistralidade que se deriva desas distraccións na condución.
Ao tratarse dun vehículo no que a posición é máis elevada detéctanse un maior número de infraccións ao volante e permite vixiar esas condutas en furgonetas, camións e autobuses, que desde un vehículo oficial resulta máis difícil observar.
Relacionadas:
-
Unha moza de 19 anos, trasladada ao hospital tras envorcar o seu vehículo en Portas
Por Redacción |
-
Tres feridos, un deles grave, tras sufrir un accidente de tráfico en Sanxenxo
Por Redacción |
-
Un parafuso dun camión salta e rompe o cristal frontal dun turismo en Cambados deixando ferida a condutora
Por Redacción |
-
Píllao o radar a 170 Km/h e ao darlle o alto na peaxe de Vilaboa dá positivo en drogas
Por Redacción |
-
Excarceran a condutora dun turismo que impactou contra unha furgoneta en Vilagarcía
Por Redacción |