Críticas do PP ao mal estado dos accesos ás praias do Grove
Por Redacción
O Partido Popular do Grove pide unha intervención inmediata e urxente do Concello do Grove para resolver diversas incidencias detectadas en paseos e accesos aos areais.
Segundo expoñen os populares, o Concello "non ten nada preparado e dedícase a espantar aos turistas" de zonas como San Vicente ou A Lanzada.
"Non se pode nin baixar á praia", aseguran desde a agrupación popular, que lembra a obrigatoriedade lexislativa de que as praias sexan accesibles.
Alertan do perigo e o risco para a saúde que se presenta coas pasarelas esnaquizadas e o incremento de maleza en diferentes puntos turísticos do municipio.