O TSXG confirma case na súa totalidade a sentenza que condenou a tres implicados por introducir 30 quilos de cocaína no New Polar
Por Redacción
A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza (TSXG) confirmou, case na súa totalidade, a sentenza da Audiencia Provincial de Pontevedra que condenou a tres implicados na introdución en España de 30 quilos de cocaína a bordo do pesqueiro New Polar, que atracou no porto de Cangas o 22 de maio de 2019.
O prezo da droga no mercado ilícito, segundo a resolución, superaría os 1,2 millóns.
O alto tribunal galego rexeitou o recurso presentado contra o fallo de primeira instancia polo cociñeiro, quen foi condenado a catro anos de cárcere e ao pago dunha multa de 600.000 euros.
No seu caso, o tribunal tivo en conta a atenuante moi cualificada de confesión, pois considera probado na sentenza que "a aprehensión da substancia estupefaciente e a frustración da finalidade da operación de transmisión a terceiros", foi propiciada "pola colaboración desinteresada do propio acusado, quen desde o ano 2014 mantiña unha relación de confidente con axentes da Garda Civil".
Os maxistrados tamén mantiveron a pena imposta -seis anos de cárcere e ao abono de 1.210.829 euros- ao acusado que operaba como ligazón en España dos provedores da cocaína.
Con todo, rebaixaron de oito a seis anos e medio a condena imposta á persoa que recibiría a droga aprehendida, pois estiman que non concorre a agravante de reincidencia.
O TSXG mantivo a condena relativa ao pago da multa, que ascende a 1.210.829 euros.
Relacionadas:
-
Tres vilanoveses investigados por tentar introducir droga no cárcere durante un Torneo de Fútbol
Por Oskar Viéitez |
-
Chega á Audiencia de Pontevedra o xuízo polo alixo de 30 quilos de coca a bordo do New Polar
Por Oskar Viéitez |
-
Chega á Audiencia de Pontevedra o xuízo polo alixo de 30 quilos de coca a bordo do New Polar
Por Oskar Viéitez |