Tres vilanoveses investigados por tentar introducir droga no cárcere durante un Torneo de Fútbol
Por Oskar Viéitez
A Garda Civil investiga a tres persoas, veciñas de Vilanova de Arousa, dedicadas á introdución de substancias estupefacientes no interior de centros penitenciarios.
Segundo a información oficial facilitada polo Instituto Armado, a investigación iniciouse con ocasión da celebración en Lalín o pasado mes de maio do Torneo de Futbol 7 Intercentros Penitenciarios.organizado pola Real Federación Española de Futbol.
Axentes pertencentes ao Posto de Lalín que se atopaban no Campo de Fútbol Anxo Cortizo, durante un dos encontros, detectaron unha actitude sospeitosa de tres persoas ao redor dun dos banquiños.
Tras unha discreta vixilancia, nun momento dado observan como estas persoas depositan unha chaqueta no banco ocupado polo Equipo do Centro Penal de Monterroso e abandonan rapidamente o campo de fútbol.
Os gardas civís comprobaron que nun dos petos da chaqueta había unha bolsa con catro bolas de haxix envoltas en papel filme transparente, disposta para unhas 350 doses por un valor de 2.175 euros.
O operativo concluíu coa investigación de dúas mulleres de 32 e 43 anos de idade e un home de 34 anos de idade, todos eles veciños de Vilanova de Arousa, como presuntos autores dun delito de tráfico de drogas.
Os investigados xunto á droga intervida foron postos ao dispor do Xulgado de Garda de Cambados.
Relacionadas:
-
O TSXG confirma case na súa totalidade a sentenza que condenou a tres implicados por introducir 30 quilos de cocaína no New Polar
Por Redacción |
-
Tira unha bolsa con heroína ás dunas da Lanzada tras seren sorprendido pola Garda Civil
Por Redacción |
-
Emotivo cambio na Fiscalía, que abre unha etapa "aberta, accesible e transparente" con Pablo Varela á fronte
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |