Agora si, comezou a campaña electoral do 23X
Por Oskar Viéitez
Na medianoite deste xoves empezou oficialmente a campaña electoral do 23 de Xullo.
En Pontevedra, PP, PSOE e BNG pegaron os seus carteis electorais en distintos puntos da cidade.
Os candidatos ao Congreso e ao Senado polo Partido Popular, Ana Pastor, Pepa Pardo, Irene Garrido, Pedro Puy, Juan Andrés Bayón e José Crespo, participaron no arranque de campaña pola tarde acompañados de Luís López, recentemente nomeado presidente da Deputación, e o líder popular municipal, Rafa Domínguez.
Ana Pastor, sinalou que "empieza una campaña electoral importantísima para el futuro de los españoles" porque, engadiu, "España necesita un cambio. Llegó el momento de pasar del sanchismo, de la mentira, de los pactos con Bildu y de todos los que no quieren a nuestro país, y pasar a la España de Alberto Núñez Feijóo, con sensatez, sentido común, trabajo, unidad y concordia".
Pola súa banda, David Regades e Carmela Silva, candidatos ao Congreso e ao Senado polo PSdeG, respectivamente, pegaron os seus primeiros carteis en Pontevedra, acompañados do alcalde de Vigo Abel Caballero e do secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso. Regades aproveitou para lembrar todos os "pasos adelante" que deu o Goberno de Sánchez no últimos cinco anos.
Mentres que a candidata do BNG por Pontevedra Carme dá Silva destacou que a candidatura do Bloque é "a do si a Pontevedra" e destacou que o seu obxectivo é "darlle a Galiza un grupo galego forte no Congreso para facer valer o país en Madrid e frear a discriminación das forzas centralistas cun voto que vale dobre xa que defende a Galiza e a un tempo é muro de contención da dereita ultra do PP e á extrema dereita fondamente antigalega que quere eliminar dereitos e liberdades".
Un total de 909.413 pontevedreses están chamados ás urnas para elixir os sete deputados e catro senadores que representarán á provincia.
137.000 pontevedreses residentes no estranxeiro votarán por primeira vez sen necesidade de presentar ningunha solicitude previa ao terse suprimido o voto rogado. Estas persoas recibirán no seu domicilio a través do INE e de maneira coordinada coa Subdelegación do Goberno a documentación necesaria para votar por correo certificado ou para depositalo nos locais habilitados nos países de destino. Así mesmo, enviáronse desde a Subdelegación a través do Ministerio de Exteriores 55.000 papeletas a países estranxeiros para os pontevedreses que exerzan o voto en embaixadas.
Uns 28.000 cidadáns da provincia xa solicitaron o voto por correo, pero agárdase superar as 50.000 solicitudes.
Se distribuirán entre os 61 concellos da provincia 9.550.350 papeletas das 9 candidaturas oficiais ao Congreso dos Deputados e 1.061.150 papeletas dos comicios ao Senado. Tamén se xestionaron 35 peticións de papeletas en braille para persoas cegas ou con discapacidade visual nos concellos de Pontevedra, Caldas, Vilagarcía e Arbo.
En canto a medios, na provincia haberá 1.344 mesas electorais repartidas en 662 colexios. A próxima semana procederase á distribución entre os concellos de todo o material e documentación necesaria para o proceso electoral: urnas, cabinas, papeletas, sobres e carpetas con todos os documentos para os membros das mesas e para que os representantes da Administración se encarguen de verificar a correcta apertura das mesas, resolver incidencias e recoller os datos de participación e do reconto de voto.
Relacionadas:
-
Amplían un día o prazo de entrega de voto por correo
Por Redacción |
-
O PSOE fai desde Pontevedra unha chamada ao voto útil "porque estamos xogándonos moito en España"
Por Redacción |
-
O PSOE chama ao voto feminino na Peregrina
Por Redacción |
-
A candidatura socialista critica a xestión de Ana Pastor "estivo seis anos de ministra de Fomento e non moveu un papel"
Por Redacción |
-
O BNG pide á implicación masiva da mocidade o 23X "a favor dunha Galiza sen a precariedade e a emigración que deixa o PP"
Por Oskar Viéitez |
-
O BNG preséntase como dique de contención contra a dereita, que, "de ganchete con Vox", pretende "borrar as mulleres"
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
Frente Obrero, Pacma, Por un mundo máis Xusto, PCTG e Recortes Cero preséntanse ao 23X por Pontevedra
Por Oskar Viéitez |