O orgullo de ser comuneiro volver ser unha festa en Salcedo
Por Redacción
A parroquia pontevedresa de Salcedo volve celebrar este domingo 16 de xullo o orgullo de ser comuneiro. Será a través da sétima edición da súa Festa da Veciñanza Comuneira.
A festa, organizada pola Comunidade de Montes de Salcedo, dará comezo o domingo ás 12.00 horas cunha visita aos traballos de recuperación da orografía do terreo e a apertura de novos camiños na zona de Pozos de Méndez e en Outeiro do Raposo.
A continuación, a partir das 13.00 horas, haberá unha visita á Fonte do Vello e a Fonte Forestal e tamén ao novo teitado das cabanas prehistóricas para ver os traballos realizados neste período.
A partir das 14.00 horas será momento para xantar. A esa hora, o enxeñeiro técnico agrícola Ángel Bravo Portela dará a benvida ás persoas participantes e ás 14.30 horas comezará o xantar.
O xantar celebrarase baixo unha carpa no espazo do antigo campo de tiro da Brilat e estará amenizado pola actuación do dúo Oro Negro.
Esta festa anima á poboación a gozar con orgullo de ser veciño e comuneiro desta parroquia e tamén dá a benvida a persoas chegadas de fóra da parroquia.
Relacionadas:
-
Salcedo retoma este domingo a súa Festa da Veciñanza Comuneira
Por Redacción |
-
Salcedo organiza o domingo a súa quinta Festa da Veciñanza Comuneira
Por Redacción |
-
Salcedo celebra o domingo a súa Festa da Veciñanza Comuneira
Por Redacción |
-
Salcedo volve festexar o orgullo de ser comuneiro no antigo campo de tiro da Brilat
Por Diego Torrado |
-
Salcedo celebra por segunda vez a súa Festa da Veciñanza Comuneira
Por Redacción |
-
Salcedo celebra a súa festa do orgullo comuneiro
Por Diego Torrado |