Felipe VI, ausente este ano nos actos do Carme na Escola Naval de Marín
Por Redacción
A ministra de Defensa, Margarita Robles, presidirá o vindeiro domingo 16 de xullo o acto de entrega de reais despachos na Escola Naval Militar de Marín, segundo confirmou este venres o ministerio.
Farao acompañada do xefe do Estado Maior da Armada, o almirante xeral Antonio Piñeiro Sánchez.
Neste acto, que se celebrará como é tradición coincidindo coa festividade do Día do Carme, recibirán os reais despachos os alumnos correspondentes aos catro corpos da Armada: corpo xeral, infantería de Mariña, intendencia e enxeñeiros da Armada.
Ademais, xurarán bandeira os alumnos aspirantes do corpo xeral da Armada e do corpo de infantería de Mariña.
O que non asistirá este ano será o rei Felipe VI, que si presidiu esta cerimonia en xullo de 2022.
A Escola Naval de Marín, na que o propio monarca cursou parte da súa formación militar, acollerá o próximo ano á súa filla, a princesa Leonor, que recibirá neste centro a educación naval que corresponde á súa carreira militar.
Esta formación naval incluirá ademais o seu embarque no buque escola Juan Sebastián de Elcano, onde realizará o tradicional cruceiro de instrución que realizan todos os gardamarinas.
Relacionadas:
-
Cúmprense oitenta anos da inauguración da Escola Naval de Marín
Por Redacción |
-
Emotiva procesión do Carme, patroa do mar, en Marín con lembranza ás vítimas do Villa de Pitanxo
Por Redacción |
-
A ministra Margarita Robles preside a entrega de reais despachos na Escola Naval de Marín
Por Redacción |
-
Unha gran tirada de fogos artificiais culminará unha fin de semana festiva en Marín
Por Redacción |
-
As Festas do Carme de Marín xa presumen de Juan Sebastián de Elcano
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
A Princesa Leonor estudará o próximo ano na Escola Naval de Marín
Por Oskar Viéitez |