Música, teatro, cinema e deporte dan forma ao programa cultural de verán na Lama
Por Redacción
Música, teatro, cine e deportes centran a programación do Verán Cultural da Lama, que foi presentado este luns no Concello polo alcalde David Carrera e o concelleiro de Cultura, Plácido Pillado.
Enmarcado neste programa está tamén o tradicional Xantar da Terceira Idade, que terá lugar o venres 4 de agosto na Carballeira das Ermidas e xan ten aberto o prazo para mercar os tickets.
Os eventos comezarán o día 26 coas festas de Santa Ana e San Xoaquín. Actuará na Praza da Pedreira, ás 19 horas, a Banda de Música Municipal da Lama. A remuda daralla ao día seguinte no mesmo escenario e á mesma hora a Banda Popular de Muimenta.
O venres 28 é a quenda do teatro e a compañía Fonte da Tella, de Soutomaior, porá en escena ás 21:30 horas no Multiusos dúas comedias de humor. A primeira, moi curta, titulada “A clase particular”, de Eugèe Ionesco e “A pequena cabana”, de André Roussin.
O domingo 30, ás 12 horas do mediodía e coincidindo coa celebración da feira mensual na Alameda da Lama terá lugar unha actuación do grupo de acordeonistas “Acorde Sons do Verdugo” que amenizarán a mañá neste espazo público de convivencia veciñal.
O luns 31 de xullo, volverán ser protagonistas as familias coas actividades de dinamización sociocultural do Concello da Lama. Así, ás 18 horas no Multiusos terá lugar unha sesión de contacontos e espectáculos varios pensandos para os máis cativos e tamén o público familiar.
No mes de agosto as piraguas volverán surcar de novo as augas do río Verdugo cos paseos organizados polo Concello, así o martes día 1, a partir das 17 horas aquelas persoas que previamente se inscriban na oficinas do Concello poderán surcar, en diversas quendas, o río Verdugo en piragua de xeito totamente gratuíto. Esta actividade realízase en colaboración co Club de Piragüismo de Vilaboa.
O mércores 2 de agosto, a partir das 17 horas, os inchables e as piscinas móbiles tomarán a Alameda para celebrar a Festa Infantil na que non faltarán nin a música nin a escuma.
O xoves 3 de agosto proxectarase nunha pantalla xigante a película “Padre no hay más que uno (3)” protagonizada por Santiago Segura.
Finalizarán as actividades do Verán Cultural o venres 4 de agosto coa celebración do tradicional Xantar da Terceira Idade que terá lugar na Carballeira das Ermidas, en Antas. Os interesados en participar que cumpran os requisitos poderán facelo a un prezo subvencionado polo Concello de 15 euros mentras que os que non, deberán abonar íntegramente o prezo do prato que son 30 euros. Os tickets están xa á venda nas oficinas do Concello e os interesados en participar deberán retirar previamente o boleto para poder asistir a este xantar.
Relacionadas:
-
Uns 300 maiores participan no xantar organizado polo Concello da Lama na Carballeira das Ermidas
Por Redacción |
-
Xogos con piscinas, inchables e espuma fan as delicias dos escolares na Lama
Por Redacción |
-
O alcalde terá a única dedicación exclusiva na Corporación da Lama
Por Redacción |
-
A Lama acollerá un dos minicampamentos Coñece Galicia 2023
Por Redacción |