Xogos con piscinas, inchables e espuma fan as delicias dos escolares na Lama
Por Redacción
Numerosos pequenos gozaron durante a tarde deste mércores dunha xornada divertida, aproveitando a aparición do sol, na "Festa Infantil", que o Concello da Lama organiza dentro do Verán Cultural.
Na Alameda establecéronse diferentes xogos, algúns deles con piscinas, un touro mecánico e outros elementos inchables.
Ademais, os escolares tiveron a oportunidade de gozar da festa da espuma, lanzada desde un canón.
O alcalde David Carrera achegábase ata a zona para comprobar a gran asistencia de público a esta divertida actividade infantil.