A Xunta apela ao diálogo entre Transa e os traballadores "por el bien de la ciudadanía"
Por Natalia Puga
A conselleira de Traballo e Benestar Social, Beatriz Mato, apelou este luns ao diálogo entre a empresa de ambulancias Transa e o equipo no conflito laboral que mantén os traballadores de Pontevedra, Marín e Bueu en folga indefinida dende o 9 de decembro.
Despois de que a mediación laboral entre ambas as dúas partes fracasase, Beatriz Mato animounos a "buscar los puntos de encuentro" para resolver o conflito "por el bien de los propios trabajadores y, sobre todo, por el bien de la ciudadanía que utiliza sus servicios".
A responsable autonómica sinalou que é un conflito entre dous no que a Consellería de Traballo "lo único que hace es mediar", pero apela a ambas as dúas partes para que dialoguen tendo en conta "la situación a la que se ven abocadas las empresas" e as "circunstancias difíciles" da economía.
Tras participar no acto inicial do Ano Galego da Parálise Cerebral, a conselleira fixo referencia tamén á reorganización que se aplicará a partir do 1 de febreiro ao 065, o Servizo Galego de Apoio á Mobilidade Persoal. No caso de Pontevedra, a entidade social máis afectada é Amencer-Aspace (onde se celebrou o acto en cuestión), con 17 usuarios que eran trasladados ata agora a diario por un vehículo do 065.
A conselleira explicou que con esta reorganización "o obxectivo que ten esta consellería é mellorar a atención do 065" e para axudar a entidades como Amencer-Aspace, que agora deberá trasladar aos seus usuarios por medios propios co conseguinte incremento do gasto, "levan incorporado a partir do 1 de xaneiro un plus máis de diñeiro para que as entidades poidan facilitar o transporte".
A Consellería constatou que ata agora había unha "organización non axeitada" do servizo e "era preciso darlle unha volta a esta organización para darlle resposta e optimizar o máximo posible a resposta destas pesoas que teñen dereito á utilización do 065". Para iso, a partir de agora diferénciase o transporte puntual de pacientes con discapacidade, que seguirá facendo o 065, e o transporte regular a centros de día ou residencias públicos ou concertados, para os que se poñerá en marcha "un transporte fixo e regular" similar ao que se fai aos centros escolares.
Relacionadas:
-
Ambulancias do Salnés compra Transa
Por Redacción |
-
Os traballadores de Transa só ven solución ao conflito das ambulancias se intervén a Xunta
Por Redacción |
-
Amencer-Aspace, o colectivo galego ao que "máis golpea" a reestruturación do 065
Por Natalia Puga |
-
Fracasa a mediación no conflito de ambulancias
Por Oskar Viéitez |