Seis roturas nun só día no abastecemento de auga entre Seixo, Aguete e Loira
Por Redacción
Día accidentado para o abastecemento de auga no Concello de Marín. Nas últimas horas detectáronse 6 roturas no abastecemento entre Seixo, Aguete e Loira.
O Concello sinala que o servizo municipal de Augas arranxou 4 destas avarías e espera resolver "na maior brevidade posible" as dúas que están pendentes.
Segundo a información facilitada polo Concello de Marín, aínda están por esclarecerse as causas ao cen por cen, pero, de momento, os servizos técnicos consideran que a orixe de todo foi unha primeira avaría inicial.
As cinco seguintes foron debidas a unha "sobrepresión" que se ocasionou por esa rotura inicial, que despois provocou o resto.
Relacionadas:
-
Restablecida a subministración de auga tras a avaría que provocou cortes en Marín e Bueu
Por Redacción |
-
Outra fuga de auga na tubaxe que abastece a Marín
Por Diego Torrado & Oskar Viéitez |
-
Inician traballos de reparación na rede de subministro de auga para evitar unha fuga que afecta a Marín e Bueu
Por Redacción |
-
Pontevedra garante o subministro de auga a Marín tras a rotura dunha tubaxe na galería de servizos
Por Redacción |
-
Viaqua renovará as tubaxes de abastecemento de auga a Marín polas Corbaceiras
Por Alejandro Espiño |