Bueu queda sen Festa do Polbo en agosto
Por Redacción
O Concello de Bueu non celebrará este mes de agosto a Festa do Polbo tal e como viña sendo habitual. Así o comunicaron o alcalde de Bueu, Félix Juncal, e a concelleira de promoción económica e turismo, Silvia Carballo, logo das conversas mantidas ao longo destas últimas semanas co patrón maior da Confraría de Pescadores San Martiño de Bueu, entidade coa que se organiza conxuntamente este evento.
Despois dunha vintena de edicións, dende o Concello e a Confraría creuse necesario valorar o seu impacto e buscar un novo formato de festa gastronómica que pasa por desestacionalizala, aínda que tendo, como era habitual, o polbo como protagonista.
Juncal asegura que "algo que está no ADN da festa é garantir que poña en valor un produto tan noso como o Polbo de Bueu, e tamén que permita que tanto a Confraría como as persoas que viven do mar sexan as principais beneficiarias".
Outro dos eixos principais sobre os que continuará pivotando a festa é que contará cunha programación para degustar o polbo en todas as variantes, tanto a veciñanza da vila bueuesa como as persoas visitantes.
O Concello de Bueu continúa estes días en contacto coa Confraría de Pescadores San Martiño e agarda pechar ao longo do mes de agosto o novo formato e data da festa.
Relacionadas:
-
A renovada Festa do Polbo de Bueu estrearase en abril de 2024
Por Redacción |
-
Mercado solidario de Cáritas Bueu ata o mércores 16 de agosto
Por Redacción |
-
Comisan 362 quilos de especies mariñas e 470 nasas na zona do Grove
Por Redacción |
-
O mellor marisco das rías galegas, ata o martes no peirao de Raxó
Por Redacción |
-
Poucos mexillóns para tanta festa
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
O polbo galego regresa ás lonxas este luns tras case dous meses en veda
Por Redacción |