Integrantes da Fundación Juan XXIII colaborarán o domingo 6 con Vaipolorío na limpeza do Gafos
Por Anxo Lourido
Na mañá deste domingo 6 de agosto celebrarase a segunda xornada da vixésimo terceira campaña de limpeza do río Gafos, tamén coñecido como Cocho, Toxal ou Tomeza, que desenvolve o colectivo Vaipolorío.
Nesta ocasión, integrantes da Fundación Juan XXIII sumaranse a esta iniciativa de recollida de lixo na contorna do leito deste río.
Desde a asociación ecologisa fan un chamamento a que se unan máis persoas para realizar esta acción necesaria para mellorar o espazo natural do río. As persoas interesadas deberán apuntarse chamando ao teléfono 676.842.942 antes deste venres 4 de agosto. O colectivo lembra a importancia de que se incorporen persoas novas a esta iniciativa ambiental.
Na última sesión, na que participaron vinte persoas voluntarias, recolléronse 25 quilos de lixo e 15 quilos de envases de vidro. Entre eles atopábase unha curiosidade, un envase "Aly" de Lácteas Leonesas, unha empresa dos anos 60.
Vaipolorío tamén denunciou, días atras, a presenza dunha vertedura de aceite usado nas proximidades ao río Gafos. Segundo os cálculos da asociación, a vertedura era de 300 litros almacenados en varios envases. Desde a asociación informouse a Policía Autonómica, que elaborou un informe sobre esta acción.
Relacionadas:
-
A Fundación Xoán XXIII e a Asociación Virxe da O reciben máis de 50.000 euros da Deputación
Por Redacción |
-
Vaipolorío retirou en agosto máis dunha tonelada e media de lixo do Gafos
Por Oskar Viéitez |
-
Queres participar nunha xornada de limpeza do río Gafos?
Por Oskar Viéitez |
-
Vaipolorío recolleu 220 quilos de lixo no tramo urbano do Gafos
Por Redacción |
-
Vaipolorío denuncia o abandono de preto de 300 litros de aceite usado a beiras do Gafos
Por Redacción |
-
Co verán, regresan os domingos para limpar os ríos con Vaipolorío
Por Redacción |
-
Vaipolorío advirte da escaseza de caudal do río Gafos nesta primavera
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |