Vaipolorío retirou en agosto máis dunha tonelada e media de lixo do Gafos
Por Oskar Viéitez
A asociación ecoloxista Vaipolorío retirou este mes de agosto un total de 1.559 quilos de lixo do río dos Gafos.
O colectivo ambientalista completou este domingo a súa quinta e última xornada de limpeza na que participaron 21 persoas voluntarias que retiraron preto de 800 quilos de lixo, principalmente, colchóns e chatarra e roupa.
Nesta ocasión traballaron no tramo comprendido entre a estación de autobuses e o albergue de peregrinos.
Nesa zona atópase o poboado chabolista da rúa Otero Pedrayo, un foco marxinal que constitúe un problema social e tamén ambiental que se arrastra desde hai décadas na cidade que segue sen ser corrixido por parte das administracións local e autonómica.
NOITE DOS MORCEGOS
Este sábado 26 de agosto celebrouse a noite europea dos morcegos e Vaipolorío desenvolveu unha xornada de captura, estudo e explicación das características destes animais en colaboración coa Asociación Morcegos de Galicia, dentro das actividades de Ponteverán, que promove o Concello de Pontevedra, a través da oficina de Xuventude.
Ao longo da noite do sábado integrantes de Morcegos de Galicia, especialistas no estudo destes mamíferos, ofreceron datos sobre estes animais e desmitificaron as falsas lendas que existen sobre eles. Ademais, as persoas que participaron tiveán a oportunidade de escoitar os sons que emiten.
Esta actividade leva anos celebrándose en sesión nocturna na contorna do río Gafos nesta data coa intención de achegar coñecemento sobre os morcegos á poboación máis nova.
Relacionadas:
-
Vaipolorío conclúe o ano retirando árbores caídas no paseo do río Gafos
Por Anxo Lourido |
-
Vaipolorío denuncia outra vertedura de lixo no ENIL do Gafos
Por Oskar Viéitez |
-
"Auga mol en pedra dura" cataloga os bens etnográficos á beira do Gafos
Por Oskar Viéitez |
-
Aínda se verten moitos residuos aos ríos
Por Oskar Viéitez |
-
Queres participar nunha xornada de limpeza do río Gafos?
Por Oskar Viéitez |
-
Vaipolorío recolleu 220 quilos de lixo no tramo urbano do Gafos
Por Redacción |
-
Integrantes da Fundación Juan XXIII colaborarán o domingo 6 con Vaipolorío na limpeza do Gafos
Por Anxo Lourido |
-
Vaipolorío denuncia o abandono de preto de 300 litros de aceite usado a beiras do Gafos
Por Redacción |