A Mocidade Galega pola Memoria conmemora o Día da Galiza Mártir cun roteiro e un decálogo de propostas
Por Natalia Puga
A Mocidade Galega pola Memoria conmemorará este ano o Día da Galiza Mártir con dúas actividades en Pontevedra pensadas para facer memoria e garantir que non se esqueza o sucedido no Golpe de Estado de 1936 e durante a Guerra Civil e o Franquismo.
Os actos están organizados na véspera do Día da Galiza Mártir, este mércores 16 de agosto, e comezarán pola mañá coa presentación do bautizado como Decálogo de San Simón.
Trátase dun documento con dez propostas para traballar arredor da memoria histórica dirixido, fundamentalmente, ás administracións públicas que se vai presentar no Parque Amalia Álvarez ás 11.30 horas.
Xa pola tarde, a partir das 19.30 horas, teñen organizado un roteiro polas rúas de Pontevedra para falar sobre a represión que sufriron as mulleres e o papel destas antes e durante o Golpe de Estado e o Franquismo.
O percorrido terá paradas en diferentes lugares con especial significado por ser onde viviron, traballaron, loitaron pola democracia ou foron represaliadas as mulleres de Pontevedra
O roteiro dará inicio nos Xardíns de Vicenti e estará amenizado polos Gaiteiros das Rías Baixas.
De momento, xa hai máis de 50 persoas inscritas para participar.
Relacionadas:
-
"Gustaríanos que a presencia vosa non respondese á oportunidade de quedar ben e logo, veña, ata o ano que vén"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Un roteiro pola memoria das mulleres represaliadas na Boa Vila
Por Redacción |
-
Presentados os actos do Día de Galicia Mártir, nos que por primeira vez estará o conselleiro de Cultura
Por Diego Espiño |
-
A Deputación e a Fundación Alexandre Bóveda colaborarán para pór en valor a figura do ilustre galeguista
Por Oskar Viéitez |