O PSOE acusa o BNG de "frivolizar" e "racanear" na protección das mulleres e pide datos sobre os puntos violetas das festas
Por Natalia Puga
O PSOE de Pontevedra acaba de pedir por rexistro ao Goberno local a documentación do expediente de contratación do Punto Violeta instalado durante as Festas da Peregrina e información relativa ao persoal que o atendeu, a cualificación profesional e o número de asistencias realizadas. Esta petición supón insistir nunha demanda que os socialistas xa fixeron antes do inicio das festas e chega acompañada de duras críticas á actuación do Goberno do BNG, ao que acusan de "frivolizar" e "racanear" na protección das mulleres.
A concelleira socialista Paloma Castro lembrou este xoves que antes das festas cuestionaron a falta de planificación do Concello para instalar estes Puntos Violetas e finalmente si que se instalou o servizo, pero foi unha "clara improvisación", pois tratouse puntos de concienciación, pero non de asesoramento como as Caravanas Moradas impulsadas no mandato anterior.
Así, Paloma Castro explica que se instalou un "decorado-exhibidor que chamou Punto Violeta", pero que non cumpría coa finalidade que entende que tiña que ter. Así, indica que repartín material e información, pero non tiña intimidade nin privacidade, de tal maneira que "non cumpre coa privacidade necesaria para unha persoa que acaba de ser agredida".
Para a concelleira, estes puntos deben ser un espazo de primeira atención ás vítimas de agresións, abusos ou acosos sexuais e, tal e como se deseñou o de Pontevedra, tan só concienciaba. Ademáis, critica que desconoce si contaba con persoal especializado. A súa Caravana Morada dos últimos catro anos contaban con especialistas en psicoloxía, asesoría xurídica, axentes de igualdade ou traballo social, pero quere saber que perfil profesional tiña o persoal adscrito a este servizo este ano.
Para o PSOE, o BNG "está a frivolizar", cunha actuación na que, ademais, ve "incoherencia", pois pide no Parlamento de Galicia un protocolo específico para as festas, pero "cando xestiona, racanea nas medidas de protección".
Nun momento no que "o PP e Vox adoptan decisións como eliminar os Puntos Violetas", como sucedeu en Alcalá de Henares, Paloma Castro considera que os concellos progresistas "debemos erixirnos en referentes de loita contra o machismo, de protección e seguridade das mulleres" e iso pasa por "non racanear en medios" e "deixar de frivolizar cunha cuestión vital".
Paloma Castro tamén se queixou de que na noite deste mércores, no concerto de Iván Ferreiro e Leiva no recinto feira, tampouco había estes Puntos Morados, a pesar de ser un dos máis importantes "dos últimos 30 anos" e de que non está previsto que existan nas vindeiras citas multitudinarias previstas na cidade, o Río Verbena Fest, a Feira Franca e a Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon.
Ante esta situación, piden que poña en marcha estes servizos, recollidos polo propio Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e que "non banalice coa prestación que se fai nestes Puntos Morados", que axudan a que as festas poidan ser "libres e seguras para todas e todos".
PROTOCOLO LECER NOCTURNO
Paloma Castro tamén anunciou que o PSOE presentará unha moción no Pleno da Corporación pedindo a aprobación dun protocolo de actuación ante as agresións e os acosos sexuais en espazos privados de lecer nocturno.
Este protocolo parte da premisa de que "os locais de ocio nocturno, discotecas, salas de concerto, bares, festivais... son espazos de encontro que poden converterse en escenario de agresións sexuais ou comportamentos abusivos de tipo sexual, e tamén en contornos de captación e de achegamento que poden acabar nunha agresión sexual no espazo público, o transporte público ou nun domicilio (sitios onde con máis frecuencia se producen estas mostras de violencia de xénero)".
De cara a poder dar unha resposta rápida e eficiente, ven necesaria a elaboración e aprobación deste protocolo de actuación consensuado co sector e coas Forzas e Corpos de Seguridade, a Policía Local e os servizos sanitarios.
Relacionadas:
-
O debate pola amnistía embaza a concordia do pleno municipal
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra cederá á Xunta unha vivenda para acoller a vítimas de violencia machista
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
Pontevedra apraza a celebración do pleno municipal pola Gran Final das Series Mundiais
Por Oskar Viéitez |
-
Lores cre que o PSOE desautoriza a xestión da anterior concelleira de Igualdade
Por Oskar Viéitez |
-
O PSOE, a favor de nomear a Tere Abelleira Filla Predilecta e de "calquera proposta que supoña un recoñecemento"
Por Natalia Puga |
-
O PSOE alerta de falta de persoal e medios no CIM de Pontevedra
Por Redacción | Creada e actualizada