San Caralampio, de taberna en taberna por Marín
Por Redacción
O San Caralampio, considerado patrón dos 'chiquiteros', volveu saír este domingo de taberna en taberna polas rúas de Marín.
Esta 'procesión tabernaria', organizada polos Saljariteiros, comezou ás 12.00 horas e a partir das 13.00 horas a poboación puido gozar de viño galego gratuíto na Alameda Rosalía de Castro.
A imaxe do San Caralampio saíu do seu refuxio habitual no Ateneo Santa Cecilia para que os marinenses puidesen renderlle culto. A pesar da choiva, percorreu as rúas e tabernas acompañado por música.
A festa continúa a partir das 20.00 horas, cunha sesión de baile na Alameda pensada para os maiores.
Vos Saljariteiros tamén teñen actualmente aberta unha exposición sobre a súa traxectoria e a do Xarángallo Mángallo. Pode visitarse ata o 7 de setembro no local do Ateneo Santa Cecilia.