Unha persoa sofre queimaduras no incendio de dúas casas en Soutomaior
Por Redacción
Os servizos de extinción desprazábanse durante a madrugada ata Soutomaior para extinguir un lume que queimaba dúas casas durante a madrugada deste sábado.
O ocupante dunha das vivendas foi atendido polos servizos sanitarios ao sufrir queimaduras nas mans e nos pés.
Segundo informa o 112 Galicia, o lume consumía case na súa totalidade as dúas vivendas, que presentaban unha estrutura de madeira.
O lume detectábase antes das 03.00 horas da madrugada. Un particular alertaba ao 112 Galicia para informar do incendio na súa casa, situada en Lourido, en Soutomaior. Indicaba que, ademais, outro inmoble co que compartía cuberta a súa vivenda tamén comezaba a arder.
Desde o 112 Galicia solicitouse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061; dos Bombeiros do Morrazo, da Garda Civil e do equipo de voluntarios de Protección Civil de Soutomaior. No operativo tamén colaboraron medios do distrito forestal da zona. Ademais, o 112 Galicia informaba tamén os Bombeiros de Pontevedra e ao GES-SPEIS de Ponteareas.
Ao chegar os servizos de extinción comprobaron que as dúas casas, de dous pisos e co interior de madeira, ardían por completo. Unicamente logrouse salvar a cociña dunha das vivendas durante a intervención para extinguir as chamas por parte dos servizos de emerxencias.
Relacionadas:
-
Soutomaior integrará a súa Protección Civil na agrupación Oitavén-Tea
Por Redacción |
-
Soutomaior envórcase cunha familia que perdeu a casa por un raio: "Nun par de horas quedaron sen nada, co posto"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Os bombeiros retiran un niño de avespas velutinas nun edificio de Augusto García Sánchez
Por Anxo Lourido |