33 estudantes de Medicina inician o seu último curso no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra
Por Redacción
Cun acto de benvida, un total de 33 estudantes de sexto curso de Medicina comezan este luns 11 de setembro a súa formación práctica no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.
Este grupo de estudantes rotarán por diferentes servizos especializados dos hospitais Montecelo e Provincial de Pontevedra; do centro de especialidades de Mollavao e do centro de saúde da Parda.
Trátase do noveno ano que os centros sanitarios pontevedreses imparten esta formación completa a alumnado da Universidade de Santiago de Compostela.
Nesta xornada foron recibidos pola directora asistencial da área sanitaria, a doutora Susana Romero Yuste; o presidente da comisión de Docencia de Pontevedra e O Salnés, o doutor Luís Anibarro García; e a xefa de estudos de Medicina Familiar e Comunitaria, a doutora Teresa Jorge Moura.
Relacionadas:
-
O camión da 'Ruta Enfermera' fai parada en Pontevedra para poñer en valor esta profesión
Por Oskar Viéitez |
-
O curso tamén bota a andar na universidade
Por Oskar Viéitez |
-
Un cento de futuros médicos residentes coñecen as especialidades da área sanitaria
Por Redacción |
-
Máis de 300 estudantes de Pontevedra únense ao proxecto 'Activistas polo mundo que queremos'
Por Alba Feijoo Alonso |
-
Catorce estudantes de ciclo medio de Farmacia e Parafarmacia realizarán prácticas no Hospital Montecelo
Por Redacción |