Catro mil persoas visitaron Tambo este verán de xuño a setembro
Por Redacción
Este verán 2023, o primeiro completo desde a cesión da illa de Tambo ao Concello de Poio por parte do Ministerio de Defensa e con visitas guiadas regulares, sumou 4.000 visitantes neste espazo natural.
Así o deu a coñecer este xoves o alcalde de Poio, Ángel Moldes, que explicou que esa cifra suma as visitas entre o 1 de xuño e o 10 de setembro.
Agosto foi o mes con maior número de visitas polo momento, 1.475. Ademais, houbo 1.264 visitantes en xuño, 957 en xullo e 255 durante os primeiros dez días de setembro.A chegada destas persoas á illa supuxo un total de 83 desprazamentos, unha media de algo menos de 50 persoas por grupo.
Algo máis da metade dos visitantes percorreron a Illa dentro das visitas guiadas regulares operadas por dúas empresas navieiras desde o porto de Combarro e o resto fixérono mediante viaxes organizadas por colectivos, asociacións veciñais, culturais e outras, principalmente de Poio.
Para Moldes, "poucos datos demostran con máis claridade que temos un proxecto de futuro para Tambo cun eixo principal: a sustentabilidade".
O alcalde confirma o compromiso do novo goberno local para que a illa de Tambo se consolide como "un referente cultural e natural único no mundo, que o será tamén do turismo sustentable".
As visitas a Tambo seguirán realizándose, polo menos, durante os domingos e festivos dos meses de setembro e outubro, en grupos limitados, acompañados por guía e accedendo polo peirao.
A duración da visita oscila entre 2,5 e 3 horas e inclúe a realización dunha ruta guiada de uns 2 km polos puntos de especial interese de Tambo. Cada visitante precisa unha autorización de acceso, expedida gratuitamente polo Concello, e billete dunha das navieiras que realizan a viaxe. Tamén é posible solicitar autorización como asociación ou colectivo para organizar visitas conxuntas.
Os interesados poden atopar toda a información, consultar dispoñibilidade, solicitar a pertinente autorización e realizar a reserva na ligazón https://turismopoio.com/que-ver/cultura-y-patrimonio/reservas-isla-de-tambo/
Relacionadas:
-
Un estudo botánico duplica o número de especies coñecidas na illa de Tambo
Por Redacción |
-
A APDR considera que algunhas propostas do plan de usos de Tambo contradin a protección ambiental da illa
Por Oskar Viéitez |
-
O plan de usos de Tambo contempla un anfiteatro e a recuperación dos edificios para celebrar congresos
Por Oskar Viéitez |
-
Poio impulsará unha mesa local de turismo para "xuntar esforzos e ideas" co sector
Por Redacción |
-
'A Illa de Tambo na súa historia', un libro para facernos partícipes da súa cultura, lendas e tradicións
Por Redacción |
-
A ocupación hoteleira en Poio na primeira metade de agosto, por riba do 85%
Por Redacción |
-
Rueda visita Tambo e ofrece ao Concello a colaboración da Xunta para a súa posta en valor
Por Redacción |
-
Rolda nocturna de vixilancia na Illa de Tambo para evitar accións vandálicas
Por Anxo Lourido |