Sorprendidos dous mozos que furtaron dúas botellas de whisky nun supermercado
Por Redacción
Dous mozos foron identificados pola Policía Local de Poio como supostos autores dun delito de furto nun supermercado.
Segundo informan fontes oficiais da Xefatura da Policía Local, os feitos tiveron lugar o pasado sábado sobre as 13:30 horas.
Os mozos foron pillados in fraganti e coa colaboración dos veciños foron recuperadas as botellas de whisky furtadas.
As dilixencias e actuacións levadas a cabo pola Policía serán trasladadas ao xulgado de garda.
Relacionadas:
-
Unha "honrada cidadá" entrega unha carteira perdida á Policía despois de usar fraudulentamente as tarxetas de crédito
Por Oskar Viéitez |
-
Acusan a Monbús de provocar unha "situación de caos e incerteza" na ruta ao instituto de Poio
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
Unha operación contra o tráfico de cocaína con 10 detidos en Galicia recala na Caeira
Por Natalia Puga |
-
Denunciada unha condutora bébeda e sen carné usando un permiso de conducir estranxeiro "de fantasía"
Por Natalia Puga |
-
Ferida a condutora dunha motocicleta nun accidente en Porteliña
Por Oskar Viéitez |