O persoal de limpeza de Correos camiña cara ao mes de folga indefinida: "Queremos cobrar"
Por Redacción
Os traballadores do servizo de limpeza en Correos protagonizaron este mércores 27 de setembro unha xornada de protesta polas rúas de Pontevedra e na oficina central do servizo postal na cidade, cando cumpren 23 días de folga indefinida.
Reclaman o pago dos seus salarios e a rescisión do contrato coa empresa concesionaria, JCórdoba, debido aos seus incumprimentos.
"Queremos cobrar", rezaba en grande una das pancartas portadas polo persoal.
O persoal de limpeza vén protagonizando unha serie de manfestaciones en toda Galicia desde hai meses para denunciar os continuos atrasos na cobranza dos seus salarios, que agora se converteron xa en falta de pagamentos de ata catro meses, apuntando como responsable á dirección de Correos por presentar un concurso á baixa á hora de contratar o servizo e aceptar unha oferta aínda menor da empresa en cuestión.
Segundo explicou a representación sindical o consello de administración de Correos celebrou xa unha reunión tras a que "parece ser que se vai proceder á rescisión do contrato e a botar man dunha empresa ponte até que non se celebre o novo concurso de adxudicación, pero que non hai nada confirmado nin sabemos quen se vai facer cargo das nóminas pendentes", sinalan desde o sindicato CIG.
A próxima protesta programada prevista polos traballadores terá lugar o vindeiro mércores 4 de outubro en Ourense.
Relacionadas:
-
Limpadores de Correos, ao límite tras cinco meses sen cobrar: "hai quen tivo que ir a Cáritas, e a unha compañeira sacáronlle a custodia da filla"
Por María José Pita & Cristina Saiz |
-
Cincuenta días de folga de limpeza en Correos e traballadoras sen cobrar dende o verán
Por María José Pita |
-
A nova numeración das vivendas non terá custo para a veciñanza de Portas
Por Redacción |
-
O servizo de limpeza de Correos plántase ante o atraso no pago das nóminas por parte da concesionaria
Por Manu Otero |