Arrancan as obras de humanización da Rúa do Forte
Por Redacción
As obras de humanización da Rúa do Forte, en Marín, están en marcha desde este venres 6 de outubro.
Trátase dunha actuación que permitirá reordenar o espazo viario entre a entrada principal da Escola Naval Militar ata a porta do pavillón do propio centro castrense mellorando a accesibilidade.
Adxudicado a Construcións Fechi, este proxecto está enmarcado na estratexia Marín Dusi, cofinanciada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional da Unión Europea.
A obra conta cun orzamento de 291.903 euros.
O prazo de execución dos traballos é de catro meses, estando prevista a eliminación dun dos carrís de circulación da calzada para crear un carril bici separado do tráfico rodado. Ademais a beirarrúa se ensachará para potenciar a seguridade dos peóns.