Traballos de fin de grao e máster volven optar aos Premios Sofía Novoa
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra convida a que as persoas que realizaran traballos de fin de grao ou máster que visibilicen a inclusión da perspectiva de xénero a presentarse aos premios Sofía Novoa.
O prazo de presentación de solicitudes iníciase este mércores 11 de outubro e permanecerá aberto ata o luns 23 deste mesmo mes. É necesario presentar a solicitude a través da sede da Deputación ou no rexistro, pero os traballos sempre serán entregados por vía telemática para garantir o anonimato.
Poderán participar estudantes da Universidade de Vigo tanto do campus de Pontevedra como de Vigo. Os traballos, que foran presentados, defendidos e aprobados durante o curso 2022-23, deberán entregarse por vía telemática antes de novembro.
Establécense tres galardóns por categoría. Figuran dous premios de mil euros e un accésit de 600 para traballos de fin de grao e outros dous premios de mil euros e un accésit de 600 para traballos de fin de máster. Repartirase un total de 5.200 euros.
O xurado analizará a calidade, a relevancia e o rigor metodolóxico, ademais da aplicabilidade práctica das propostas e a súa orixinalidade, entre outros criterios recolleitos nas bases desta oitava convocatoria.
Relacionadas:
-
Premios Sofía Novoa para universitarias polo seu "compromiso coa igualdade e espírito crítico"
Por Redacción |
-
Os Premios Sofía Novoa recoñecen o compromiso coa igualdade de dúas universitarias de Pontevedra e unha de Bueu
Por Redacción |
-
Raquel Álvarez, gañadora dos VII Premios Sofía Novoa, protagonista do 8M en Bueu
Por Redacción |
-
Catro egresadas do campus pontevedrés reciben os Premios Sofía Novoa
Por Redacción |
-
Talento, investigación e perspectiva de xénero na entrega dos premios Sofía Novoa
Por Redacción |
-
Cinco universitarias da provincia, galardoadas cos premios Sofía Novoa por integrar a perspectiva de xénero
Por Redacción |