As obras de humanización do Porto de Raxó comezarán "nun par de semanas" e custarán 830.000 euros
Por Oskar Viéitez
Portos de Galicia investirá 830.000 euros nas obras de adecuación e humanización do acceso ao porto de Raxó, no municipio pontevedrés de Poio. O presidente do ente público, José Antonio Álvarez, visitou este luns a zona de actuación acompañado polo alcalde, Ángel Moldes.
Durante o encontro institucional, Álvarez Vidal comunicou ao rexedor que a previsión do seu departamento é que as obras podan comezarse "en un par de semanas y esperemos que en marzo esté ya acabado" xa que o prazo de execución previsto é de 5 meses, polo que poderán estar rematados para a vindeira primavera.
"La idea es hacerlo de acuerdo con las pretensiones que el Ayuntamiento nos ha planteado de favorecer un espacio compartido con la ciudadanía y los usos portuarios", explicou o presidente de Portos de Galicia. "Este proxexto o que busca é integrar unha instalación portuaria para desfrute e convivencia dos veciños", engadiu o alcalde, "somos un pobo mariñeiro, que vive do turismo e do mar".
"El objetivo fundamental es favorecer la seguridad peatonal" destacou José Antonio Álvarez desta actuación que vai humanizar o vial, con criterios máis amables para os peóns.
Entre as accións concretas que se recollen no proxecto de ordenación de usos no acceso ao porto de Raxó figura a nova distribución do espazo viario a través da construción dunha nova plataforma única de circulación con prioridade peonil. Ademais, renovarase a capa de rodadura na baixada ao porto, no tramo inicial do vial actual.
O presidente de Portos de Galicia tamén sinalou que o proyecto "contempla otras obras complementarias como la sustitución de firmes, la renovación de las redes de servicio, nuevo alumbrado público y la instalación de nuevo mobiliario". Concretamente, prevese a instalación dun banco lineal de 93 metros de lonxitude, ademais de varandas e papeleiras. Así mesmo, recolle a mellora da eficiencia e estética da rede de alumeado, así como a rede de abastecemento, pluviais e fecais e reforzarase a sinalización.
ORZAMENTOS 2024
Durante a súa visita a Poio, o presidente de Portos de Galicia informou tamén sobre outras actuacións no municipio e a comarca de Pontevedra. Así, deu conta da finalización das obras de ampliación da lonxa de Campelo, na que a Xunta investiu 650.000 euros.
Igualmente anunciou que os orzamentos do ente público para 2024 contemplan outras tres actuacións na contorna pontevedresa. Así, recollen anualidades para a rehabilitación dos departamentos de Combarro, cun orzamento plurianual de 1 millón de euros; para os departamentos de usuarios de Sanxenxo, cun investimento previsto para os vindeiros anos de 400.000 euros, e a dragaxe do porto de Aguete, cun orzamento plurianual de 180.000 euros.
Relacionadas:
-
Colectivos de Raxó detectan anomalías na execución das obras da Rúa da Praia
Por Anxo Lourido |
-
Convocatoria veciñal informativa pola reforma do vial de acceso ao peirao de Raxó
Por Redacción |
-
A primeira fase da humanización do paseo marítimo de Raxó estará rematada a finais deste mes
Por Redacción |