Intervención intensiva de limpeza nas rúas Virxilio Blanco e Urbano Lugrís
Por Redacción
O Concello de Pontevedra anuncia unha nova actuación de limpeza intensiva. Neste caso será na madrugada do xoves 26 de outubro nas rúas Pintor Virxilio Blanco e Pintor Urbano Lugrís, coa inclusión dos noiros do aparcamento.
A intervención que organiza a concellería de Limpeza Viaria, que dirixe Xaquín Moreda, será en ámbalas marxes. A zona de aparcamento está valada durante a semana prohbindo que estacionen vehículos nas horas anteriores ao inicio dos traballos.
Os vehículos que permanezan stacionados na zona serán retirados polo servizo do guindastre municipal.
Empregáronse máquinas de varrer e limpadoras de auga a presión tanto nas beirarrúas como na beiravía e na calzada.
Desde a concellería solicístase á veciñanza a súa colaboración e tamén aos condutores para garantir un bo resultado nesta actuación. Tamén piden desculpas polos inconvenientes que poida ocasionar esta actividade que forma parte dos labores habituais do Concello.