O 'cepillo' da igrexa de San Francisco achega o 85% dos fondos para manter o Comedor social
Por Oskar Viéitez
O comedor de San Francisco atende diariamente a unha media de cento dez persoas, a maioría son homes cunha idade que se aproxima aos sesenta anos. A capacidade do comedor está limitada a oitenta persoas polo que se organizan dúas quendas de comida con dous pratos e café "aunque hay mucha gente que acude con los tupper para comer en sus casas".
O monxe Gonzalo Diéguez Méndez, responsable do comedor social de San Francisco, explicou que o 85% dos alimentos que se consumen neste comedor se compran grazas ás doazóns obtidas no 'cepillo' da igrexa.
"Las fechas navideñas son muy importantes para nosotros porque la gente se vuelca, no sólo aportando alimentos, sino también con dinero", explicou este franciscano, "luego durante el año también se mantiene porque nosotros tenemos dos cepillos en la iglesia donde la gente echa su monedita. Eso es el 85% den los ingresos que tenemos", afirmou.
"Lo de Navidad está muy bien pero lo fundamental es eso de la iglesia, es decir, los cristianos que sienten esa 'cosa' de ayudar a los demas", insistiu Gonzálo Diéguez.
Outra curiosidade que comentou o responsable deste comedor social é que "siempre damos de comer a todos", un singular milagre dos pans e os peixes cuxo mérito atribúe "a las cocineras, que son maravillosas, y saben calcular perfectamente para poder alimentar a todos".
OS CORIBANTES DOAN 4 TONELADAS DE ALIMENTOS
A primeira hora deste xoves acudían ata o Comedor de San Francisco membros da Asociación Banda Os Coribantes de Buchabade cunha furgoneta cargada ata os topes con catro toneladas de alimentos recollidas no concerto Kilo solidario.
"Cada vez estamos a subir un pouco máis o volume de alimentos recollidos, o ano pasado foron dous mil cincocentos quilos", comentou o director dos Coribantes, Andrés Lorenzo.
"ÿ unha alegría para nós seguir facendo isto porque cada vez son máis as persoas necesitadas de axuda", explicou o responsable desta Banda de Ponte Caldelas, "somos unha banda de 90 persoas e cada vez que hai actividades como esta envorcámonos todos porque somos solidarios e queremos axudar", engadiu.
Relacionadas:
-
Polo e patacas para o comedor de San Francisco, que alcanza picos de actividade e custa 12.000 euros ao mes
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Subvencionan con 50.000 euros a once entidades de iniciativa social do municipio
Por Oskar Viéitez |
-
Música de Os Coribantes a cambio dun quilo de comida
Por Redacción |
-
Cada vez máis mozos sen fogar buscan refuxio no albergue de Cáritas en Monte Porreiro
Por Alejandro Espiño |