Sustos e diversión nun multitudinario e terrorífico Samaín Briz
Por Diego Espiño & Mónica Patxot
Marín demostrou un ano máis que conta coa mellor celebración de Samaín de Galicia, cunha multitudinaria e terrorífica edición do Samaín Briz.
Desde a mesma apertura da Finca de Briz, ás 18.00 horas, centos de persoas, con disfraces de todo tipo, achegáronse a gozar dunha celebración 'de medo' e para todas as idades.
Unha das grandes atraccións foron as 'estacións do medo', con sustos e experiencias terroríficas con "A cova do asustador", "O túnel do medo" (Comparsa Cor Café), "As ouvellas asasinas" (Comparsa Cor Café), "O velorio das bonecas" (Comparsa Cor Café), "O hospital psiquiátrico" (Comparsa Val do Lérez) e "O show de lume e morte".
A iso sumábanse os tradicionais roteiros, coas propostas "Alicia no país dos horrores", de Os da Caña, e "O fogar dos inocentes", do CD La Peña, así como os espectáculos "O espanto victoriano", "Noite de bruxas" e "O Baile das Zumbis".
Tamén os máis pequenos gozaron da xornada co Pequesamaín, pensado para nenos e nenas menores de 10 anos.
Todo un universo de sustos, mortos viventes, vampiros ou esqueltos que fixeron as delicias de todos, e que nin o clima puido estragar.
Relacionadas:
-
O Samaín Briz é xa para o Concello "o evento máis importante na nosa vila no outono"
Por Redacción |
-
Esta é a divertida programación do terrorífico Samaín Briz
Por Redacción |
-
O Samaín Briz quere seguir medrando e abre a organización a particulares e asociacións
Por Redacción |
-
O Samaín Briz segue a bater récords de participación
Por Redacción |