Críticas do PSOE á nova imaxe da Deputación: "Parécese bastante ao do PP"
Por Redacción
O cambio de imaxe do logotipo da Deputación de Pontevedra non sentou ben ao grupo socialista, que admitiu amosar a súa "sorpresa polo boato con que o goberno provincial revestiu a presentación do novo logotipo".
Denuncian que a imaxe corporativa ten "cuestionable valor estético" e foi anunciada "con moita máis relevancia que o avance do propio orzamento provincial para 2024, que quedou reducido a catro pinceladas grosas".
Desde o PSdeG-PSOE lamentan que este diseño o adxudicaran a unha empresa externa "nun claro desprezo ao equipo de profesionais da casa do departamento de Comunicación". Un equipo humano, recuerdan, que foi o encargado de deseñar o logo e a imaxe utilizada nos últimos 8 anos, así como de todo o material gráfico empregado na comunicación institucional dos diferentes departamentos provinciais da Deputación.
A imaxe utilizada ten tres arcos simbolizando unha tripla ponte que une á cidadanía, municipios e outras administracións, tal e como explicou o presidente da Deputación, Luís López, este xoves na presentación.
Sen embargo, os socialistas, a través do voceiro provincial Carlos Font, afirmaron que ese logotipo "parécese bastante ao do PP", e critica a utilización do eslogan "Tendendo pontes" ao tratarse dun lema "que xa foi utilizado nunha campaña política doutro partido en 2016, así como tamén, é empregado na actualidade, por empresas, colectivos sociais e mesmo programas educativos da Consellería de Educación"
"A orixinalidade brilla pola súa ausencia", afirmou.
Por último, en canto á presentación do orzamento para 2024, o PSOE cre que "cómpre agardar á análise da documentación con vistas ao Pleno de aprobación inicial do próximo día 14. O presidente, Luís López, apenas dixo nada do orzamento porque está máis centrado no logotipo".
"A información que importa, a que estamos agardando", subliñou Font, "é a dos criterios de reparto dos plans +Provincia e de Infraestruturas Deportivas. Será entón cando saibamos se se manteñen as bases obxectivas na atención a tódolos concellos de menos de 50.000 habitantes.
Relacionadas:
-
O PSOE asegura que o orzamento da Deputación para 2024 é "machista"
Por Oskar Viéitez |
-
Cambio de imaxe na Deputación e presentación do orzamento máis alto da institución: 189 millóns de euros
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
O deporte pontevedrés, "un piar estratéxico para o turismo e o benestar social"
Por Redacción |
-
Estes son os proxectos a os que 16 entidades pontevedresas do ámbito social adicarán as axudas da Deputación
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación mobiliza preto dun millón de euros para transformar a estrada de Almofrei
Por Oskar Viéitez |
-
O PSOE asegura que a Deputación vai recortar o próximo ano un 21,1% os recursos directos aos concellos
Por Oskar Viéitez |