A Xunta esixe ao Goberno central "concreción e certezas" sobre a chegada dos trens Avril
Por Oskar Viéitez
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, esixiu "concreción e certezas" ao Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana sobre chegada dos trens Avril que garantan un AVE galego completo e competitivo.
Ethel Vázquez informou que "nos diriximos ao Ministerio de Transportes no día de hoxe para que nos concrete certezas sobre a chegada dos trens Avril" e tamén demandaron "certezas sobre cantos trens Avril de rodadura desplazable chegan a Galicia"
"É un asunto prioritario" subliñou a conselleira "Galicia precisa esas certezas sobre unha data concreta".
Atendendo ás preguntas dos xornalistas no transcurso dun acto oficial en Pontevedra, a titular de Infraestruturas no Goberno galego ha lembrado que "non temos data a día de hoxe máis aló desa información do pasado de outubro do primeiro trimestre do 2024".
Vázquez Mourelle tamén reiterou que no Executivo autonómico recibiuse "con sorpresa" a contestación no Congreso dos Deputados sobre a chegada dos trens Avril "que era moi xenérica" e que se limitaba a sinalar que sería "canto antes" o que, segundo a conselleira "crea incertidumbre".
"O que pedimos desde a Xunta son certezas e concreción", reiterou.
A conselleira tamén quere "coñecer os criterios de reparto" porque "así o necesitamos, así o xustificamos e así o vimos demandando".
A Xunta realizou un estudo que indica a necesidade de dispoñer de 7 trens Avril e 6 frecuencias diarias "para que Galicia teña unha garantía de mobilidade adecuada ás súas necesidades de conexión Galicia-Madrid", asegurando o servizo de AVE tamén ás cidades da Coruña, Santiago, Vigo e Pontevedra.