Reclamación de máis postos de venda de billetes na estación de trens de Pontevedra
Por Redacción
O comité de empresa do Grupo Renfe en Pontevedra pide medidas urxentes no actual servizo ferroviario galego para ofertar calidade, puntualidade e fiabilidade ás persoas usuarias, despois dos últimos atrasos e problemas detectados nas diferentes liñas ferroviarias.
Reclaman ao Ministerio e a Renfe o incremento das prazas e servizos ofertados nos corredores de Vigo - A Coruña e Ourense - A Coruña, cun aumento da dotación de vehículos asignados aos servizos ferroviarios galegos.
Tamén demandan un aumento de persoal asignado á Base de mantemento de Redondela do mesmo xeito que unha programación dunha maior formación técnica e unha xestión máis áxil da subministración de repostos e reparación de compoñentes.
A estas peticións súmase o reclamo do incremento das persoas traballadoras en áreas produtivas de condución, intervención e canle de venda e información.
En concreto na estación de trens de Pontevedra esixen un aumento dos dous postos actuais a tres postos de venda, un deles adecuado a persoas de diversidade funcional, segundo consta no comunicado asinado por Sergio Pérez, presidente do comité de empresa de Renfe en Pontevedra.
Por último, insisten en solicitar que se reestruturen as marchas dos servizos ferroviarios, con ampliación dos tempos de parada nas estacións, derivado da circulación de trens en dobre composición e ao importante incremento de persoas usuarios co obxectivo de dar o tempo preciso ás subidas e baixadas dos viaxeiros.
Relacionadas:
-
Reclamacións socialistas a Renfe para que aumente frecuencias e axuste horarios nos trens de media distancia
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Desconvocada a folga en Renfe
Por Redacción |
-
O PP apoia a folga de Renfe, que suprimirá 20 frecuencias na provincia "consecuencia dos pactos da infamia de Sánchez"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
"Todo o mundo está preocupado" cos atrasos continuos en Renfe, recoñece o delegado do Goberno
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Decenas de persoas sofren os "problemas técnicos" de Renfe quedando "tiradas" na estación
Por Anxo Lourido |
-
A Xunta esixe ao Goberno central "concreción e certezas" sobre a chegada dos trens Avril
Por Oskar Viéitez |
-
Renfe incorpora unha nova frecuencia diaria e vespertina entre Vigo e Santiago
Por Redacción |