O PP de Pontevedra convoca unha concentración para protestar contra a amnistía
Por Oskar Viéitez
Pontevedra será unha das 52 capitais de provincia nas que o Partido Popular convocou concentracións para "defender o Estado de dereito, protestar contra a amnistía e garantir a igualdade dos españois".Será este domingo ás doce na Praza da Peregrina.
O presidente do Partido Popular na provincia de Pontevedra, Luis López anunciou esta convocatoria nunha comparecencia celebrada este mércores na que estivo acompañado pola deputada Ana Pastor, a senadora Nidia Arévalo, e a secretaria provincial do PP, Luisa Piñeiro.
Luis López asegurou que con este acto de protesta "queremos deixar claro que non todo vale" e que a cidadanía "non podemos permitir que á conta de poder seguir na cadeira do Goberno Pedro Sánchez estea a levar a España a unha completa deriva cos seus pactos e acordos cos socios independentistas e comunistas".
Aínda non teñen confirmado que se o presidente do PP de Galicia, Alfonso Rueda, participará nesta concentración convocada na súa cidade. Nese acto lerase un mesmo manifesto e haberá tamén intervencións políticas.
"Non nos imos a quedar quietos nin calados, non imos tolerar semellante despropósito e non imos consentir que leven aberracións deste calibre", insistiu Luis López. "Aquí primeiro con Bildu, despois cos presos políticos, que máis nos espera xa?", preguntou.
O líder dos populares pontevedreses engadiu que "non se poden usar os cartos de todos os españois para comprar a Presidencia do Goberno" e cualifica de "intolerable" que se estea "vulnerando a lexislación vixente" polo que instou a que "todos xuntos, todos unidos, temos que frear esta grave situación".
Por último, Luis López fixo un chamamento á participación neste acto de protesta e subliñou que "desde o Partido Popular imos seguir alzando a voz de maneira pacífica pero constante e imos empregar todos os recursos legais que temos á nosa disposición para frear esta compra de vontades".
"Que o Goberno se humille desta maneira ante a chantaxe independentista supón un gran dano ao noso país", manifestou o presidente do PP de Pontevedra, que incidiu na "indignación e vergoña" que, ao seu xuízo, sente toda a cidadanía.
"Pedro Sánchez está a traspasar liñas vermellas e non o imos a permitir", sentenciou.
Relacionadas:
-
Domínguez nega que haxa "uso partidista das institucións" na convocatoria do pleno provincial para tratar a amnistía
Por Anxo Lourido |
-
Aparecen pintadas na sede do PSOE de Poio
Por Anxo Lourido |
-
Iván Puentes: "Democracia é respectar a decisión dos cidadáns guste ou non guste"
Por Natalia Puga |
-
Centos de persoas capitaneadas por Vox rodean a sede do PSOE
Por Natalia Puga & Cristina Saiz | Creada e actualizada
-
Multitudinaria manifestación contra a amnistía coa contorna da Peregrina colapsada
Por Natalia Puga & Cristina Saiz | Creada e actualizada
-
Tren de cercanías con Vigo, o paseo a Marín ou un xulgado de violencia de xénero, no 'si' do BNG a Sánchez
Por Alejandro Espiño |