O centro de día de Marín abrirá as súas portas tras a ponte de decembro
Por Redacción
Xa hai data para a apertura do centro de día de Marín. Recibirá aos seus primeiros usuarios tras a ponte de decembro, segundo confirmaron a alcaldesa, María Ramallo, e o xerente do Consorcio Galego de Benestar e Igualdade, Perfecto Rodríguez.
Será a UTE Raiola Riazor a empresa que xestionará estas instalacións, que terán capacidade para atender ata un máximo de corenta maiores.
Inicialmente abrirá con vinte prazas, que poden ser prorrogables a esas corenta, e que se irán ocupando pouco a pouco para o bo desenvolvemento da apertura.
Ramallo explicou que nas próximas semanas haberá encontros de traballo entre a empresa e o departamento municipal de Servizos Sociais para coordinar esta apertura de portas.
Desde Política Social recordan que para poder optar a unha praza é preciso ter recoñecida o nivel de dependencia da persoa, trámite que se pode realizar a través dos servizos sociais.
No caso de que xa se estea desfrutando dalgún recurso asistencial, tamén é posible contactar con este departamento e solicitar o cambio de recurso para pasar a ter praza no centro de día.
A Consellería de Política Social investiu 250.000 euros na reforma do inmoble, aos que se sumaron 100.000 euros por parte do Concello de Marín.
Relacionadas:
-
Marín estrea o seu centro de día, do que xa gozan unha vintena de maiores
Por Redacción |
-
O novo centro de día para persoas maiores de Marín abrirá despois do verán e formará parte da rede pública autonómica
Por Oskar Viéitez |
-
Preto de 100.000 euros para dotar de mobiliario ao futuro Centro de Día de Marín
Por Redacción |
-
O local para acoller o futuro Centro de Día público será recepcionado en outubro
Por Redacción |