Militares da Brilat xa están despregados en Eslovaquia para participar nun exercicio da OTAN
Por Redacción
O luns 6 deste mes concluía un despregamento operativo de 460 militares e 150 vehículos do Exército de Terra en Eslovaquia, a maior parte procede da Brigada Galicia VII - Brilat - con base en Figueirido.
Este reto loxístico comezaba co embarque de vehículos de combate e apoio loxístico, armamento, medios de comunicacións e outros materiais no porto de Vigo ao longo do 26 de outubro. Entre o 2 e o 5 de novembro realizáronse as dúas rotacións de persoal desde o aeroporto de Vigo para chegar ás instalacións da Military Trining Area (MTA) de Lesf, en Europa Central.
Nestes días desenvólvese o exercicio denominado 'Strong Cohesion' 23-II, no que os militares do Exército de Terra mostrarán a súa capacidade para liderar organizacións operativas multinacionais dentro do novo modelo de forzas da OTAN.
Este rol de nación líder, segundo indican desde a Brilat, supón o despregamento dun posto de mando de entidade Brigada desde o que se dirixirán todas as actividades operativas do exercicio, contando ademais coa participación do Rexemento de Infantería Isabel a Católica 29, cunha serie de capacitadores sobre a base do Rexemento de Cabalería Famesio 12; Grupo de Artillería VII; Grupo Loxístico VII e Batallón de Cuartel Xeral VII.
O obxectivo é a proxección, integración e posterior repregamento dun Grupo Táctico. A intervención durará ata o xoves 16 de novembro.
Participarán tamén forzas de República Checa, Alemaña e Eslovenia. Con esta intervención, o exército español contribúe á presenza avanzada da OTAN no flanco oriental da Alianza. A participación nestes exercicios, segundo a Brilat, pon de manifesto o compromiso de España cos aliados.
O Concepto Estratéxico da OTAN 2022 establece a disuasión e a defensa como unha das tres tarefas principais da OTAN, ademais da prevención e xestión de crise e seguridade cooperativa.
A acción servirá tamén de preparación para o liderado do Battle Group da OTAN en Eslovaquia, función que España asumirá en xuño de 2024, relevando á República Checa como 'Nación Marco'.
Relacionadas:
-
A Brilat completa a primeira fase do seu despregamento en Eslovaquia
Por Natalia Puga |
-
Militares da Brilat poñen rumbo a Eslovaquia para preparar a misión da OTAN que liderará España
Por Natalia Puga |
-
Medio centenar de militares da Brilat, avanzada dunha misión da OTAN en Eslovaquia que liderará España en xuño
Por Natalia Puga |
-
Os militares da Brilat, os do Exército de Terra con mellor condición física por terceiro ano consecutivo
Por Natalia Puga |
-
Infantes da BRILAT celebran a festividade da patroa
Por Redacción |
-
A ministra de Defensa lembra na Brilat aos dous últimos falecidos: "Iván e Raúl viven en todos os seus compañeiros"
Por Redacción |
-
A Brilat poñerá en práctica a súa capacidade de despregamento e repregamento loxístico en Eslovaquia
Por Natalia Puga |
-
A Brilat adéstrase en Zaragoza con exercicios con fogo real
Por Oskar Viéitez |