A Brilat poñerá en práctica a súa capacidade de despregamento e repregamento loxístico en Eslovaquia
Por Natalia Puga
A Brigada Galicia VII, Brilat, puxo rumbo a Eslovaquia. Ao redor de 450 efectivos participarán alí no Exercicio Strong Cohesion 23-II conxuntamente con militares de República Checa, Eslovenia, Eslovaquia e posiblemente Alemaña.
O continxente compóñeno ao redor de 150 vehículos nas súas diferentes modalidades, de combate e apoio loxístico, e ao redor de 450 militares, a maioría da Brilat, aínda que contarán co apoio doutras unidades de Valladolid e Huesca principalmente.
Os vehículos embarcaron este mércores no porto de Vigo rumbo a Eslovaquia, onde permanecerán ao longo do mes de novembro no campo de manobras de Lleŝt.
O exercicio que van realizar ten varios obxectivos, entre eles, poñer en práctica a capacidade de despregamento e repregamento loxístico dun continxente e unificar e estandarizar técnicas, tácticas e procedementos co resto de países participantes.
Ademais, van realizar probas de interoperabilidade en canto a sistemas de mando e control e coñecemento mutuo con estes países aliados.
Relacionadas:
-
A Brilat completa a primeira fase do seu despregamento en Eslovaquia
Por Natalia Puga |
-
Militares da Brilat poñen rumbo a Eslovaquia para preparar a misión da OTAN que liderará España
Por Natalia Puga |
-
Infantes da BRILAT celebran a festividade da patroa
Por Redacción |
-
Militares da Brilat xa están despregados en Eslovaquia para participar nun exercicio da OTAN
Por Redacción |
-
A Brilat, preparación co calendario de misións aberto polo escenario internacional "cambiante" e "complexo"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
A Brilat incorpórase á Misión de Asistencia Militar da Unión Europea en Apoio a Ucraína
Por Oskar Viéitez |
-
Xeneral Pardo de Santayana: "A incerteza pode ser o onde e o cando podemos despregar, pero o resto témolo claro, preparación"
Por Natalia Puga |
-
O xeneral Alfonso Pardo de Santayana, regreso á casa cos máximos galóns e o reto de que a Brilat "siga sendo magnífica"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |