Acepta unha condena de 8 anos de prisión por violar unha menor
Por Oskar Viéitez
Un home acusado dun delito continuado de agresión sexual a menor de 16 anos confesouse autor destes feitos e aceptou unha condena de 8 anos de prisión.
O xuízo resolveuse este martes mediante un acordo en conformidade entre as partes polo que a sección segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra ditou sentenza nos termos pactados.
Inicialmente, a Fiscalía de Pontevedra solicitaba 14 anos de prisión para este procesado, que en virtude deste acordo rebaixouse a 8 anos de cárcere ao terse en conta a atenuante de confesión tardía dos feitos que, segundo o escrito de cualificación fiscal, producíronse en varias ocasións "entre marzo e setembro de 2014".
Ademais da pena de prisión, a sentenza impón este home a prohibición de aproximarse á vítima, ao seu domicilio ou a calquera outro frecuentado pola mesma a unha distancia de 200 metros, así como a prohibición de comunicación con ela por calquera medio directo ou indirecto durante 5 anos.
Tamén se lle impón a medida de liberdade vixiada, con posterioridade ao cumprimento da pena privativa de liberdade, por un período de tempo de 5 anos.
Como responsabilidade civil, terá que indemnizar á vítima con 4.000 euros, polo dano moral causado.
Relacionadas:
-
Un ano xudicial marcado polo triplo crime de Valga, os clans do Vao e os delitos sexuais
Por Natalia Puga |
-
Organizan unha xornada formativa de educación afectiva sexual destinada a familias de Sanxenxo con adolescentes
Por Redacción |
-
Desarticulan unha organización que explotaba sexualmente a mulleres estranxeiras en pisos de Pontevedra, Marín e Sanxenxo
Por Natalia Puga |
-
O acusado de abusar de tres menores rexeita "connotacións sexuais" nos seus "xogos"
Por Oskar Viéitez |