Dous minis impactan e un dos vehículos remata incendiado na avenida de Marín

Por Redacción
A imaxe curiosa dun impacto entre dous vehículos mini terminou co incendio dun dos vehículos.
Sucedía na tarde deste xoves 16 na avenida de Marín, á altura de Estribela na parroquia de Lourizán no termo municipal de Pontevedra. A Policía Local informaba da colisión por alcance entre os dous minis, na contorna do Porto de Marín.
Por causas que se investigan, un dos minis remataba ardendo e foi necesaria a intervención dos Bombeiros de Pontevedra.
A instrución deste caso atópase en mans da Garda Civil.
A pesar da espectacularidade das lapas que se produciron ao arder un dos pequenos vehículos non se rexistraron feridos no suceso, segundo informa a Policía Local de Pontevedra.
Relacionadas:
-
Un incendio dentro dun garaxe obriga a cortar Cruz Gallástegui e desaloxar parte dun edificio
Por Diego Espiño & Natalia Puga | Creada e actualizada
-
Unha muller ferida nunha colisión frontal entre dous turismos en Marcón
Por Natalia Puga |
-
Ferido un home que se precipitou co turismo por un terraplén duns 20 metros en Ponte Caldelas
Por Redacción |