Detidos cinco veciños de Vilagarcía por tráfico de drogas
Por Redacción
A Policía Nacional da comisaría local de Vilagarcía de Arousa detivo a cinco veciños da vila despois de localizar dous puntos negros relacionados co tráfico de drogas.
Nun dos dispositivos, os axentes atoparon unha plantación de marihuana con plantas de gran tamaño, intervindo un total de 11 plantas de 20 quilos. O propietario foi localizado grazas á participación cidadá e foi detido por un delito contra a saúde pública.
Asímismo, as unidades da Policía Nacional interceptaron a catro individuos cando levaban a cabo diferentes transaccións de droga en plena vía pública. A un deles, ademais, impútaselle un delito de tenencia de arma de fogo.
Durante a actuación policial, os axentes identificáronos e atoparon ocultas nas súas roupas varias doses de cocaína, un total de 9 gramos, 0.5 gramos de heroína e 20 gramos de haxix e ao redor de 600 euros.
Un dos dispositivos levou a cabo xunto con Policía Local na zona de lecer de Vilagarcía de Arousa, onde interceptaron un vehículo e localizaron no seu interior dous armas de fogo, unha arma branca e cinco gramos de cocaína. O condutor foi detido por tenencia ilícita de armas de fogo e impútaselle polo devandito delito.
Este tipo de dispositivos son un dos moitos que leva a cabo a Policía de Vilagarcía para acabar co menudeo e o pequeno tráfico de substancias estupefacientes, para así tratar de erradicar os puntos negros de venda de drogas.
Desde a Policía destacan o labor das unidades de investigación de policía xudicial xunto coa delegación de participación cidadá, a través da cal se canalizaron as queixas veciñais pola existencia dos puntos negros.
Relacionadas:
-
Dous detidos nunha nova operación antidroga no centro histórico e en Campañó
Por Natalia Puga & Mónica Patxot | Creada e actualizada
-
Desarticulan un importante punto negro de venda de droga nun piso de Monte Porreiro
Por Natalia Puga |
-
Desarticulan un punto negro de venda de droga e incautan 50 quilos de marihuana en Vilagarcía
Por Redacción |