A mellora da eficiencia enerxética do pavillón de Cerdedo terá un custo de 57.400 euros
Por Redacción
O alcalde do Concello de Cerdedo-Cotobade; Jorge Cubela, e a tenente de alcalde Lourdes Ovelleiro, inspeccionaron os traballos realizados no pavillón municipal de deportes de Cerdedo para mellorar a eficiencia enerxética que permitirá unha maior confortabilidad dos usuarios a un custo sensiblemente inferior a través da instalacións de equipos de nova xeración.
Así, o Concello de Cerdedo-Cotobade, levou a cabo obras de melloras da eficiencia enerxética no pavillón de deportes de Cerdedo, a través do aporte adicional ao Fondo de Cooperacion Local da Xunta de Galicia que sacou a contratación por un prezo base de 86.911 euros e que foi adxudicado en 57.401 euros en concurso público aberto, é dicir, cunha rebaixa do 35,5% sobre o orzamento inicial.
Os traballos consistiron na mellora da eficiencia enerxética da instalacion de produción de ACS que inclúe a colocación de dous aerotermos de 300 litros con tecnoloxía de bomba de calor. Tamén se afrontou a substitución integral da iluminación do pavillón, pasando a luminarias LED (con especial importancia na pista de xogo), colocación de sensores de movemento e novos puntos de luz exterior.
A terceira das intervencións levadas a cabo centrouse na propia instalación eléctrica coa colocación de 28 módulos fotovoltaicos de xeración de enerxía eléctrica para o autoconsumo do pavillón que contribúe a diminuir sensiblemente o prezo do recibo da luz que consumían este edificio municipal de uso deportivo.