Detidos dous homes por roubo nocturno con intimidación nunha tenda de gominolas en Portonovo
Por Anxo Lourido
A Policía Local de Sanxenxo lograba deter durante a noite deste domingo 26 dous homes despois de cometer un roubo con intimidación nunha tenda de gominolas en Portonovo.
O Concello de Sanxenxo indica que os feitos se producían ao redor das 00.40 horas.
Un dos homes entraba no local ameazando á dependenta cun coitelo. Lograba roubarlle o contido da caixa rexistradora, ao redor de 500 euros, e tamén o móbil da muller, fuxindo do lugar co outro asaltante.
Os axentes lograban dar co seu paradoiro, tras iniciar a investigación, e nunha actuación conxunta coa Garda Civil detiñan aos dous homes en Sanxenxo como presuntos autores do delito.
Un deles lograba fuxir inicialmente, pero foi interceptado minutos máis tarde ao atoparse escondido entre unhas matogueiras.
Un dos detidos é de nacionalidade de República Dominica e o outro é de nacionalidade española, segundo indica o Concello de Sanxenxo.
Relacionadas:
-
Confiscan 12.800 litros de gasóleo non documentado nunha nave de Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Resolven un butrón nunha gasolineira de Sanxenxo en 2020 e localizan o sospeitoso en prisión
Por Natalia Puga |
-
Se perdiches algún obxecto en Sanxenxo durante este verán, quizais o teña a Policía Local
Por Redacción |