Unha sentenza concede aos empregados da Deputación a parte proporcional da paga extra de 2012
Por Redacción
O Xulgado do Social número 3 dá a razón aos catro sindicatos que presentaron a demanda (CC.OO., UGT, CIG e CSI-CSIF) e falla, en primeira instancia, a favor de que o persoal laboral da Deputación perciban a parte da paga extra de decembro de 2012 polo período percibido do 1 de xaneiro a 14 de xullo dese ano.
Segundo sinala a redacción da propia sentenza, trátase dun "problema exclusivamente interpretativo en relación co alcance da norma aplicada" por parte da Deputación atendendo á decisión do Goberno central. O fallo baséase na xurisprudencia existente sobre este tipo de casos e condena a entidade provincial a calcular e retribuír o persoal a parte da paga que deben percibir en relación cos servizos realizados durante eses seis meses e medio de 2012.
A Deputación provincial pode presentar recurso ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Relacionadas:
-
Os funcionarios da Deputación non cobrarán a parte proporcional da 'extra' de 2012... de momento
Por Redacción |
-
Os funcionarios municipais de Pontevedra poderían cobrar ata tres veces a extra de decembro
Por Oskar Viéitez |
-
Louzán admite que o Goberno "non tomou a mellor decisión" e móstrase disposto a devolver a paga extra
Por Oskar Viéitez |