Fontoira recuperará o seu vello lavadoiro e verá humanizada a súa contorna
Por Redacción
Uns 22.000 euros é o investimento previsto polo Concello de Sanxenxo para abordar unha actuación que permitirá restaurar o lavadoiro de Fontoira e acondicionar toda a súa contorna.
Case a metade do custo destas obras será financiada con cargo a unha subvención concedida a Sanxenxo pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.
Os traballos consistirán na limpeza de pintadas, no lavado con chorro de auga a presión ou area, no acondicionamento do desaugadoiro do lavadoiro, na canalización e tapado de arquetas existentes mediante reixas e na limpeza da cuberta con cobertura de tella do país.
Ademais, está prevista a creación de beirarrúas perimetrais ao lavadoiro de 1,80 metros de ancho para evitar encharcamientos e o chapado de pedra en zona de manancial e muros existentes.
Finalmente, instalaranse unhas novas luminarias LED na zona do lavadoiro.