Teletraballo, hábitos de consumo... as novas tendencias do mercado disparan os cambios de uso de baixos a vivendas
Por Natalia Puga & Mónica Patxot
O Concello rexistra un goteo constante de peticións de cambio de uso de locais comerciais e oficinas que pasan a ser vivendas. Desde xaneiro de 2023 tiveron 18 solicitudes e concedéronse sete. A de Sebastián Filgueira é unha delas, cambiou un comercio por vivendas turísticas en Santa Clara: "O motivo foi buscar racionalidade económica"