Taburete repetirá no festival Costa Feira de Sanxenxo, no que será o seu único concerto de 2024 en Galicia
Por Redacción
O festival Costa Feira volverá a Sanxenxo o próximo verán, cunha programación de concertos entre o 25 de xullo e o 25 de agosto que incluirá a grandes figuras do panorama nacional en internacional.
Desde o festival xa confirman que no cartel estará Taburete, que repite nesta cita en Sanxenxo e este 2024, ademais, dará o seu único concerto en Galicia.
Esta única data en Galicia queda fixada para o 21 de agosto e as entradas xa están á venda. .
Taburete, a banda formada por Willy Bárcenas e Antón Carreño, xurdiu dun cúmulo de casualidades e coa única pretensión de facer música e pasalo ben. 9 anos e 5 álbums despois, este grupo clasificado como pop-rock pero que traballou numerosos estilos musicais segue sacando música e sobre todo deixándose a pel nos escenarios.
En 2024, volve á estrada cunha xira que conducirá ao seu sexto álbum. O ambiente festivo e a diversión seguen estando garantidas, así como os seus grandes éxitos.
Relacionadas:
-
Costa Feira suma a Natos e Waor ao cartel para este verán
Por Redacción |
-
Coque Malla e Sidecars compartirán escenario en Sanxenxo o 22 de agosto
Por Alejandro Espiño |
-
Loquillo conmemorará os seus 'trinta anos de transgresións' en Sanxenxo
Por Alejandro Espiño |
-
A música electrolatina de Juan Magán soará en Sanxenxo o 5 de agosto
Por Redacción |
-
Andrés Calamaro actuará o 25 de xullo en Sanxenxo
Por Oskar Viéitez |
-
Hombres G, primeiro concerto para un Costa Feira que regresará a Sanxenxo en xullo e agosto
Por Alejandro Espiño |
-
Miles de persoas vibran con Morat na apertura do Festival Costa Feira
Por Redacción |
-
Morat e Juancho Marqués, novas 'fichaxes' para o festival Costa Feira de Sanxenxo
Por Alejandro Espiño |
-
Costa Feira sobe á nova onda da música urbana con Hens e Xavibo
Por Alejandro Espiño |
-
Fernando Costa e La Plazuela, o 'tándem' de música urbana para o festival Costa Feira
Por Alejandro Espiño |
-
Costa Feira, o festival que chega a Sanxenxo con Melendi e Taburete como primeiros confirmados
Por Alejandro Espiño |