O Teatro Principal estrea o filme "Pontevedra, hora cero"
Por Oskar Viéitez
Un director de cinema disponse a rodar un documental sobre o "milagre urbanístico de Pontevedra" pero, en plena rodaxe, cae na conta de que pouco coñece a cidade e de que, ademais, o tema non lle interesa demasiado. Entra en crise creativa e decátase de que prefire facer unha ficción.
Aínda que non ten claro sobre que, chama as súas actrices habituais e involúcraas no proxecto. Elas enseguida notan que aquilo non vai a ningunha parte e rebélanse contra o rumbo do director. Froito daquela rebelión acaban filmando outra cousa que é, en definitiva, "Pontevedra, hora cero".
Esta é a sinopse do mediometraje que dirixiu Alfonso Zarauza e que este xoves tivo a súa estrea no Teatro Principal.
Asistiron a este primeiro pase da película as actrices protagonistas: Melania Cruz, Ledicia Sola e Marta Lado, e tamén o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, que fixo un cameo neste documental rodado na Boa Vila a finais de 2021.
"Pontevedra, hora cero" conta co patrocinio do Concello de Pontevedra e da Deputación que achegaron 124.200 euros aeste proxecto.
O compostelán Alfonso Zarauza é un dos directores galegos cunha traxectoria máis longa e prestixiosa na actualidade. Como director realizou catro longametraxes de ficción que obtiveron premios internacionais –A noite que deixou de chover (2008), Os fenómenos (2014), Encallados (2013), Ons (2020), Malencolía (2021)-, un documental -A Viaxe dos Chévere (2014)-, seis curtas, dúas series de ficción e máis de vinte videoclips e pezas experimentais.
Zarauza fala da súa película “Pontevedra, hora cero” como "unha aposta estrafalaria, irreverente e simpática".
Relacionadas:
-
Alfonso Zarauza estrea 'Pontevedra, hora cero' o xoves 4 de xaneiro no Teatro Principal
Por Anxo Lourido & Cristina Saiz & Mónica Patxot |
-
"Malencolía" de Alfonso Zarauza xa se pode ver nos cines de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Alfonso Zarauza xa grava a película "Pontevedra, hora cero"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
A mirada "honesta" de Alfonso Zarauza sobre Pontevedra converterase en película
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |