Orbil, "un pouco máis guapo" para celebrar as vodas de prata do Salón do Libro
Tras vinte e cinco anos de vida, Orbil pasou por talleres. A mascota do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que estaba desgastada polo paso dos anos e polo agarimo que lle amosan os nenos e nenas, xa está renovada e amosa as súas mellores galas.
"Cambiamoslle o traxe porque, como os rapaces disfrutan moito con el e tíranlle do rabo, houbo que facer un novo", segundo o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores.
Fernández Lores destacou que "puxémolo un pouco máis guapo porque cumprimos 25 anos", un fito que non é doado de acadar, subliñou o rexedor, e que converte a este Salón do Libro "posiblemente na actividade mais antiga e completa do Estado".
Este ano serán 17 días -entre o 1 e o 17 de marzo- de animación á lectura, de ilustración, de ter contacto os nenos e nenas cos escritores ou dos obradoiros, que moitos teñen xa as prazas esgotadas, aseguraron os organizadores.
Esta festa do 25 aniversario do Salón do Libro xa comezou coa 'Orbil Parade', a colocación das sete estatuas de Orbil, pintadas con vistosas cores, que un ano máis avanzan o inicio do evento.
Están situadas na Praza da Peregrina, no Hospital Provincial, na Glorieta de Compostela, na Casa das Campás, en Rosalía de Castro, en Montero Ríos e no propio Pazo da Cultura.
Este último espazo, sede do evento, contará cunha figura en branco para que sexan os seus visitantes os encargados de darlle cor.
A mascota do Salón estivo esta semana visitando, entre outros, os colexios San José, Crespo Rivas, Campolongo, Vidal Portela, Álvarez Limeses, Barcelos, San Martiño, Ponte Sampaio ou Froebel, que achegarán os seus traballos para a exposición deste ano.
Relacionadas:
-
Soñando maxia no Salón do Libro
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
Unha gran gala de maxia brillará este domingo no Salón do Libro Infantil e Xuvenil
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
VÍDEO.- Ritmo máxico na inaguración do Salón do Libro Infantil e Xuvenil
Por Redacción |
-
Comeza o Salón do Libro cargado de 25 anos de maxia e ilusión
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Máis de 300 actividades compoñen a programación do 25 aniversario do Salón do Libro Infantil e Xuvenil
Por María José Pita |
-
Andrea Fernández debuxa o cartel do XXV Salón do Libro, que estará adicado á maxia
Por Oskar Viéitez |
-
Quince centros educativos participarán na 'Troca de libros' o 10 de marzo
Por Anxo Lourido |
-
Primeiros pasos do Salón do Libro 2024, con cita para Orbil no salón de peiteado e homenaxe aos centros escolares
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |