Comeza o Salón do Libro cargado de 25 anos de maxia e ilusión
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido
'A maxia' é o elemento central da 25 edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra e a inauguración celebrada este venres 1 de marzo no Pazo da Cultura estivo cargada de ilusión e de imaxinación nun evento que homenaxeará durante os próximos días ás escolas pola colaboración realizada ao longo dos anos con este referente cultural.
Demetrio Gómez, concelleiro de Cultura, foi o encargado de abrir o acto destacando o labor de todas as persoas profesionais de Pontevedra desde autoras e autores a técnicos, ilustradores e responsables de animación que realizan un "traballo tan dificil" que posibilita a creación dun espectáculo máximo como é o Salón. Para todo este colectivo pediu un aplauso que foi respondido desde o patio de butacas.
Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, citou ao escritor Agustín Fernández Paz que nas súas visitas ao Salón convidaba a "transformar o mundo". O rexedor lembrou que en Pontevedra desde hai 25 anos téntase "facer dos libros unha festa" e un lugar de encontro.
"Moitas das crianzas que asistiron nos primeiros anos como público forman parte do equipo de monitorado que sostén o día a día do Salón", apuntou Fernández Lores destacando a enerxía e ilusión que continúan neste proxecto, que nesta ocasión ten a Cataluña como país invitado e que contou con historias de Alicia Molina neste arranque.
Durante o acto inaugural tamén subiron ao escenario o mago Óscar con turcos que sorprenderon ao público; Su Garrido Pombo con Rúa do pracer; as acrobacias de Xandre Sierra e Olivia Bert. Destacaron especialmente as actuacións do Ballet de Galicia e do Coro do IES A Xunqueira 1. Tamén participou a Escola Superior de Deseño e Moda de Galicia (ESDEMGA).
A mascota Orbil foi a protagonista na apertura de portas do Salón onde o público infantil percorreu a Sala de Exposicións achegándose aos máis de 4.000 libros que permanecerán nos andeis do Salón durante os próximos días.
A xornada do sábado 2 iniciarase co taller artístico de Itziar Ezquieta denominado 'Gabinete de curiosidades. Imaxín-Arte', sesións de contos para bebés con Alicia Molina e con Soledad Felloza, distintos talleres e actividades que finalizarán co concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona ás 19.00 horas.
Relacionadas:
-
Orbil achégase a PontevedraViva para informar da próxima estrea do Salón do Libro
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O Salón do Libro homenaxea aos centros de ensino e ás persoas que fixeron posible chegar ás 25 edicións
Por Redacción |
-
O Salón do Libro traslada os contacontos vespertinos ao Recinto Feiral para dar resposta á demanda de asistencia
Por Redacción |
-
Soñando maxia no Salón do Libro
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
Unha gran gala de maxia brillará este domingo no Salón do Libro Infantil e Xuvenil
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
VÍDEO.- Ritmo máxico na inaguración do Salón do Libro Infantil e Xuvenil
Por Redacción |
-
O Salón do Libro programa tres matinés de cinema familiar
Por Oskar Viéitez |
-
Orbil, "un pouco máis guapo" para celebrar as vodas de prata do Salón do Libro
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Máis de 300 actividades compoñen a programación do 25 aniversario do Salón do Libro Infantil e Xuvenil
Por María José Pita |
-
Andrea Fernández debuxa o cartel do XXV Salón do Libro, que estará adicado á maxia
Por Oskar Viéitez |
-
Quince centros educativos participarán na 'Troca de libros' o 10 de marzo
Por Anxo Lourido |
-
Primeiros pasos do Salón do Libro 2024, con cita para Orbil no salón de peiteado e homenaxe aos centros escolares
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |